Un xélido e tenso acontecemento está a ter lugar. Trátase dunha conversa entre a Medicina e a Morte, nun desesperado intento da primeira por tratar de buscar unha solución a un problema cada vez máis presente nas nosas vidas como é a crecente necesidade de doazón de órganos. A través de diversos exemplos trata de convencela para obter a súa divina axuda, pero a solución é moito máis sinxela do que a Medicina espera.